lunes, 7 de noviembre de 2016

AMOR AO MAR




Esta tarde están baixas as nubes
e é a cor do mar coma a cinza
Os berros salvaxes das gaivotas
semellan coiteladas
que fan escoar o corazón da tarde
Hai quen trabuca doadamente
a mesura do mar coa inmensidade
Eu de mín so sei dicir 
que o mar comenza no meu sangue.
O que non sei 
é si o mar caberá na miña alma.


  "Verbas ao mar"  Manuel María

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Gracias por tu visita: